"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







sábado, 29 de enero de 2011

Pesimismo...


Esta táboa corresponde a unha enquisa realizada en 25 estados pola Fondation pour l´innovation politique a través de máis de 30.000 entrevistas e que fíxose pública a semana pasada. Unha enquisa entre mozos de menos de 30 anos. Na primeira columna, móstrase o grao de confianza "da xente nova" no seu propio futuro (as porcentaxes de quen cren que "O meu futuro é prometedor"). Na segunda columna, o grao de confianza no futuro do seu propio país ("o futuro do meu país é prometedor"). E o resultado salta á vista. En termos de optimismo, de confianza no seu propio futuro e no do seu país... sen ánimo de contradicir "a xente nova" lembrarlles que o futuro se gaña ou se perde. Pero hai que traballalo, ainda que pareza o contrario, o futuro non vén do ceo (con perdón)...

1 comentario:

Anónimo dijo...

En verdade quédannos os risos e o erotismo, en galego mellor;
http://erosgalica.blogspot.com