"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







miércoles, 24 de febrero de 2010

Miserábel galegófoba Rosa Diez...

"Zapatero podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra"


A líder de UPyD, Rosa Díez, utilizou o termo "galego" como insulto ao presidente do Goberno español. Está é xa a segunda vez que fai declaracións así e, non rectificou nin a primeira ocasión e seica non pensa rectificar nesta segunda. As súas declaración tiveron lugar durante unha entrevista emitida en CNN+ co xornalista Iñaki Gabilondo. "Y de Rajoy?", preguntalle logo o xornalista. "Ya es gallego". Resulta moi chamativa a complicidade do entrevistador que nin corrixe nin parece extrañado polas palabras da Sra.Diez. Miserábel e indignante actitude galegófoba a desta señora deputada que non teñen xustificación posíbel. Desde logo estámosche bos... e xenerosos... Podes ver as súas declaracións nesta entrevista emitida pola canle CNN+ a partir do minuto 5.00


No hay comentarios: