"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







martes, 9 de febrero de 2010

Desde Rusia con amor...

Daria Shornikova, é unha rapaza rusa que aprendeu a falar galego, decidiu pasar o verán en Compostela. Durante a súa estadía, gravou un pequeno documental en primeira persoa, A Xanela, onde recolle as impresións de todo tipo de xente arredor da lingua galega: cal é a súa relación co idioma, como comezaron a falalo ou cales son as súas palabras favoritas. Durante algo máis dunha hora, Daria percorre lugares como pubs, facultades ou medios de comunicación para coñecer esas historias, palabras e sentimentos de Galicia, contadas tanto por galegos de nacemento como de adopción.


"A Xanela" (2010) from daria on Vimeo.

No hay comentarios: