"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 26 de febrero de 2010

A civilización que imaxinou Auschwitz...


"Estudar o nazismo non é a mesma cousa que estudar outro período histórico calquera. Sen comprendermos este fenómeno nunca poderemos comprender o que foi o século XX. Máis: temos que saber que foi no mesmo país en que naceu Bach o que se imaxinou Auschwitz, e que mentres mataban xudeus nos campos escoitaban as súas composicións para piano e facíano en nome da cultura alemá. Auschwitz foi construído en nome da civilización e contra unha suposta barbárie. Os nazis estaban convencidos de que eles é que eran os bos, os "decentes". Himmler sempre utilizou esa linguaxe, pois pedía aos seus homes para aguantaren ese traballo "tan duro" que era o do asasinato en masa e, ao mesmo tempo, non se deixaren contaminar e manteren a súa "decencia". Auschwitz non foi un accidente, non foi só un exceso do nazismo, Auschwitz interróganos sobre o carácter da cultura e da modernidade. Auschwitz obríganos a pensar que temos que estar sempre conscientes de que a nosa capacidade para mudar o mundo e o poderio que nos dan as tecnoloxías teñen que ser sempre balizados por referencias morais moi fortes que eviten que a técnica sen moral conduza ao utilitarismo. En Auschwitz escóndense, condénsanse, todas as contradicións das nosas sociedades modernas. Até a idea de progreso, pois un médico como Mengele non se vía a si mesmo coma un criminal, senon como alguén que procuraba facer avanzar a ciencia, que quería entender as raíces biolóxicas dos comportamentos humanos e o facía polo método experimental".

Ferran Gallego, historiador e autor do libro Los Hombres del Fuhrer: La Elite del Nacional-Socialismo 1919-1945 (Debolsillo)

No hay comentarios: