"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 11 de septiembre de 2009

Un brillo de humanidade...

Circulaba un chiste no gueto de Varsovia en 1940, falaba dun militar alemán que se atopa de patrulla e detén a un neno xudeu por facer contrabando. O alemán apunta coa pistola á cara do neno, pero anuncia que lle perdoará a vida se adiviña cal é o seu ollo de vidro. "O esquerdo", responde o neno xudeu. "Como o adiviñaches?" "Porque nese ollo hai un brillo de humanidade".