"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







miércoles, 30 de septiembre de 2009

Chorade, chorade malditos...


As bágoas orientan sobre necesidades e vínculos sociais.

Unha investigación da Universidade de Tel Aviv asegura que chorar non é un síntoma de debilidade senón unha adaptación evolutiva para unir aos seres humanos. O doutor Oren Hasson, biólogo evolutivo da Universidade de Tel Aviv, desenvolveu unha teoría segundo a cal, o pranto é un comportamento humano moi evolucionado que nos achega a outras persoas. No último número da revista Evolutionary Psychology o doutor Hasson asegura que as bágoas nublan a vista polo que nos deixan indefensos e funcionan como un sinal de submisión. Isto inhibe comportamentos agresivos e axuda a estreitar lazos interpersoais. A investigación céntrase nas bágoas derramadas por efecto das emocións e non polas producidas pola dor física. Hasson asegura que o pranto emocional é unha ferramenta tipicamente humana que causa reacción nos demais. O estudo conclúe que chorar reforza e amplía as relacións persoais e aínda que en moitos ambientes chorar está mal visto, en todas as culturas o pranto utilízase de forma consciente ou inconsciente para conseguir algo dos demais.
Fonte:
Publicado en:

No hay comentarios: