"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 20 de septiembre de 2009

O bico da vida...


Esta imaxe parece a portada dunha revista gay, pero non o é. Foi tomada en xullo de 1967 polo fotógrafo Rocco Morabito, que traballaba para o Jacksonville Journal, e mostra a dous operarios de liñas eléctricas de alta tensión. O entón aprendiz R.G.Champion recibiu unha descarga eléctrica, sufrindo un paro cardíaco. O seu compañeiro J.D.Thompson acudiu no seu auxilio, practicándolle a técnica de respiración boca a boca para tratar de reanimalo. Unha ambulancia recolleuno mais tarde e termino por recuperarse. Grazas a esta fotografía Rocco Morabito gañou o premio Pulitzer en 1968. A imaxe titúlase "O Bico da Vida" (The Kiss of Life).

No hay comentarios: