"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 29 de junio de 2009

Un pequeno gran museo...








O Museo do Mar de A Guarda foi unha vella aspiración dun grupo de persoas vinculadas coa asociación naturalista ANABAM que, desde hai máis de 20 anos, dedican os seus esforzos a recoller e conservar material etnográfico relacionado coa vida mariñeira. Algunhas das pezas que se exhiben hoxe no Museo do Mar teñen un alto valor etnográfico por ser únicas e porque hai moitas décadas que caeron en desuso. Esta colección etnográfica apóiase en paneis informativos que facilitan a comprensión do seu uso, pero o plan museolóxico presenta tamén, entre outros atractivos, diversos puntos de información táctil e un audiovisual sobre o mundo do mar e da pesca na Guarda.
.
O fermoso edificio, a réplica da Atalaia, foi reconstruída no lado norte do porto da Guarda, en Punta Xinete, para ser o edifico que albergue os fondos do Museo do Mar, no que xunto coa colección de útiles e aparellos usados polos mariñeiros da vila, poderemos admirar tamén unha selección de cunchas da colección realizada polo malacólogo Ignacio Navarro formada por máis de 18.000. Por motivos de espazo non é posíbel amosar todas esas cunchas, polo que o malacólogo Emilio Rolán Mosquera xunto con Ignacio Saa e Agustín Ferreira, realizaron a selección das cunchas para a súa exposición, optando por diferenciar a mostra en cuatro grupos de familias: Volutidae, Conidae, Cypraeidae e Muricidae.
.
O obxectivo principal do Museo do Mar de A Guarda é recuperar, conservar e difundir o patrimonio relacionado coa vida mariñeira e realizar unha mostra representativa das cunchas máis curiosas e vistosas que poden atoparse en todos os mares do mundo. O Museo del Mar localízase ao final do paseo marítimo, preto do Dique norte, convertido hai un ano nun fermoso mural de referencia pictórica nos peiraos galegos O edificio vén dado pola réplica da Atalaia, obra dos anos 90, para recordar a torre defensiva construida polos portugueses no século XVII, cuxos restos derruíronse na primeira mitade do século XX.
.
O horario de verán (sábados, domingos e festivos) de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

No hay comentarios: