"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 8 de junio de 2009

Paco Rodriguez...

Por Cesar Casal
.
Érgueste pola mañá e soñas un País. Imaxínalo ao teu gusto, con todos os detalles. As súas casas, as súas xentes, o seu idioma, o seu folclore e o seu canesú. Imaxinas a súa economía, marxista, por suposto. E estás moi contento coa túa creación. Pero resulta que non és escritor, que o teu non é vender fábulas a quen chas queira comprar nunha librería. Resulta que és un político e necesitas votos para que o teu soño se faga realidade grazas ás urnas. Ademais, non che gusta presentarte ti, e actúas sempre por persoa interposta. Así queimas no incenso da Quintana primeiro a Xosé Manuel Beiras, ao que utilizas ate a extenuación. Máis tarde exhumas a Anxo Quintana cuns aplausos moi emotivos nun congreso, despois de usalo como un monicreque para pisar as alfombras do poder na Xunta.
.
E segues. Agora utilizas de máscara a Guillerme Vázquez. Os electores danche as costas, pero ti tes claro o País que necesitamos. Non te moves nin un centímetro das túas formulacións. Posúes o segredo. És o único home que pode sacar a espada da rocha e acadar a independencia. Quédanche 100.000 electores. Non te importa. Ollas para o banco e aínda podes manexar a Aymerich, a Táboas, a Pontón, a Lores... Dáche igual que o país pouco teña que ver co que ti soñas. A UPG e Paco Rodríguez levan razón. Necesitan recuperar de forma urxente a Marx, pero a Groucho.

No hay comentarios: