"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 12 de junio de 2009

Més que un club...


A UNICEF e o F.C.Barcelona teñen asinado un convenio global de cinco anos centrada no apoio a programas para a protección e o coidado dos nenos e nenas máis vulnerables en especial aqueles afectados e infectados polo VIH/SIDA. Foi a primeira vez que UNICEF realiza unha alianza desta magnitude e que unha entidade deportiva se implica directamente no financiamento dun proxecto de cooperación. Durante estes 5 anos o F.C.Barcelona entregará a UNICEF a cantidade de 1.5 millóns de euros anuais, o 0.7% do seu orzamento, para o financiamento de proxectos de loita contra a sida. Ademais da achega económica, o Barça lucirá o logo de UNICEF na súa camisola, o primeiro acordo deste tipo nos 107 anos de historia do club. O FC Barcelona tamén contribuirá con 500.000 de Euros en activos publicitarios para promover a colaboración cada ano, lembrando aos seguidores do fútbol de todas partes a importancia de situar á infancia como prioridade. Este compromiso con UNICEF reforza a lema do FC Barcelona, Més que un Club.

No hay comentarios: