"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







jueves, 18 de junio de 2009

Emocións misturadas...


"Emocións misturadas", de Rutu Modan

Entre os meses de maio e outubro do 2007, a autora de comics israelí Rutu Modan, coñecida en España pola súa obra Metralla, debuxou para o New York Times unha serie autobiográfica, Mixed Emotions. Nela, Modan conta a súa vida cotía en Israel cando era máis nova, os feitos que acabaron marcándoa, coma a súa primeira viaxe á cidade de Nova York, cando tiña 21 anos. Coa particular aproximación psicolóxica que adoita facer ás persoaxes das súas obras, a autora retrata o ambiente familiar no que medrou, reflectindo unhas situacións que, de tan universais, calquera de nós pode identificar coma parte da nosa vida cotía.

Os capítulos, a razón dun mensual, son:

My first time in New York City,


How I lerned to relax,


The Most Popular Girl in Warsaw,


A Family Bargain,


Queen of the Scottish Fairies


Chez Maurice.

No hay comentarios: