"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







sábado, 7 de marzo de 2009

A Escola da Haia en Vigo...




Un réndese ante a beleza pictórica das pezas mestras desta escola holandesa do século XIX, que se expoñen no Centro Cultural Caixanova. A exposición "A escola da Haia. Obras mestras do Rijksmuseum" seica recibiu máis de 5.000 visitantes durante a primeira semana que leva aberta ao público en Vigo. Obras de Mauve, primeiro mestre de Van Gogh; Gabriels, referente indiscutíbel de Mondrian; Jozef Isräels, o Millet francés; Roelofs ou Jacob Maris, entre outros autores de referencia da Escola da Haia, a última escola de paisaxe do XIX, con 74 obras magníficas pertencentes á institución museística máis importante de Holanda e unha das máis prestixiosas do mundo, o Rijksmuseum de Ámsterdam. A exposición permanecerá aberta ao público até o 12 de abril. Imprescidíbel.
Horario: De luns a venres: de 18.00 a 21.30 horas Sábados, domingos e festivos: de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas
Visitas guiadas: De luns a venres: ás 20.00 horas Sábados: ás 13.00, 18.30 e 20.00 horas Domingos: ás 18.30 e 20.00 horas

No hay comentarios: