"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







miércoles, 11 de marzo de 2009

A dupla vara de medir...


Gustoume moito "Vals con Bashir". Co tempo seguro vai ser considerada un clásico do cinema bélico. Botei en falta algunha mención aos múltiples asasinatos colectivos, as masacres perpetradas polos palestinos contra os libaneses cristians. A fin de contas a matanza de Sabra e Chatila foi só uns días despois do asasinato de Bashir Gemayel e 26 persoas máis por unha bomba palestina.
.
Mais deixa claro que non foi Israel o autor da masacre cousa que o 99% dos españolitos descoñecen ou non queren coñecer. E máis unha vez a dupla vara de medir CONTRA Israel...
.
Srebrenica. Aló polo ano 1995, o exército holandés, sob mandato de Nacións Unidas e capitaneado por un tal Thomas Karremans. A entrada de tropas serbiobosnias ao enclave bosnio en Serbia provocou unha matanza de perto de 8.000 homes musulmás. E ninguén dixo case nada, nin pediu o procesamento do Primeiro Ministro holandés... coma sempre, a dupla vara de medir.

No hay comentarios: