Agora que ninguén escoita... eu sen dubidalo optaría polo exilio. Nin o fascio nin as checas. Ollemos a fotografía:
O 19 de xullo de 1936, ao día seguinte do inicio da Guerra Civil, os anarquistas da CNT-FAI asaltaron a Igrexa Convento das Salesas de Barcelona e profanaron as tumbas das monxas alí soterradas. Tiraron as momias ás portas da igrexa para expoñelas perante "o pobo". Na fotografía podemos ver a un miliciano anarquista enfrontando coa súa mirada á dunha relixiosa morta.
Graváronse algunhas imaxes da profanación, que despois formaron parte do documental "Reportaje del movimiento revolucionario de Barcelona", de Mateo Santos e producido pola Oficina de Información y Propaganda da CNT-FAI. Podes velo íntegro máis abaixo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario