O 21 de xuño de 1989, o Tribunal Supremo de Estados Unidos declarou nula por anticonstitucional a prohibición de profanar a bandeira norteamericana que entón rexía en 48 dos 50 estados membros da Unión. O Supremo proclamou que o principal valor constitucional de Estados Unidos é a liberdade de expresión (amparada pola Primeira Emenda) e que, en consecuencia, o acto de queimar en público a bandeira das barras e estrelas con intención de manifestar unha discrepancia política non podía ser obxecto de persecución policial e/ou xudicial. A histórica sentenza é coñecida como “Texas contra Johnson”. No verán de 1984, mentres se celebraba a Convención Nacional Republicana en Dallas (Texas), o cidadán Gregory L.Johnson liderara diversas manifestacións contra a política do presidente Reagan nas que se queimaron bandeiras norteamericanas ao berro de "America, the red, white and blue, we spit on you" (América, a vermella, branca e azul (as cores da bandeira USA), chuspímosche). En función das leis vixentes no Estado da Estrela Solitaria, Johnson foi condenado por un tribunal texano a un ano de prisión e unha multa de 2.000 dólares por “mancillar a enseña nacional”. Con todo, o máximo tribunal de apelación texano anulou posteriormente esta condena sinalando que os actos de Johnson ficaban protexidos pola Primeira Emenda. A prohibición da queima da bandeira nacional era anticonstitucional, segundo ese tribunal de apelación. O polémico caso terminou no Supremo de Estados Unidos, ao que se lle pediu que respondese a esta pregunta: "Supón a profanación da bandeira de Estados Unidos, polo procedemento de queimala ou por calquera outro, unha manifestación da liberdade de expresión protexida pola Primeira Emenda?". Baixo a presidencia do xuíz William Rehnquist, o Supremo respondeu afirmativamente e precisou que a liberdade de expresión non se limita tan só á palabra ou o texto, senón que se estende aos xestos. A sentenza supuxo a automática invalidación das lexislacións entón existentes en 48 Estados. Nin que dicir ten que a dereita republicana volveu á carga unha e outra vez con este asunto, intentando que o Congreso aprobe unha lei específica que estableza que a profanación da bandeira é un delito federal. Mais coa mesma tenacidade estes intentos foron rexeitados polo Supremo (véxase a sentenza US versus Eichman de 1990) e polo mismísimo Congreso (a última vez foi o fracaso conservador de xuño de 2007 en obter a maioría cualificada no Senado).
Vaiamos ao Reino de España. Nos últimos anos, sob o liderado de Aznar, a dereita española desenvolveu unha extraordinaria admiración por Estados Unidos, que rozou o vasallaxe en situacións como a guerra de Iraq. O problema é que esa dereita tende a confundir Estados Unidos cun presidente, Bush, unha corrente ideolóxica, o fundamentalismo neocon, e o á máis dereitista dun partido, o republicano. Estados Unidos, con todo, é moito máis que todo iso. A grandeza de Estados Unidos é a súa pluralidade (é absurdo reducir a voz norteamericana ao que digan a Casa Branca, Fox News e The Wall Street Journal), a existencia de institucións democráticas sólidas e independentes (véxanse as citadas sentenzas do Supremo sobre o tema da bandeira) e unha gran capacidade para empezar de novo (aí está a espectacular derrota de Bush e os seus nas lexislativas de outono de 2006). A dereita españolista quere agora converter a obrigatoriedade da exhibición da bandeira nacional no gran asunto patrio. Aparte do feito obvio de que hai outros problemas moitísimo máis graves e perentorios -incluíndo algúns que provocan centos de mortes como a violencia de xénero, os accidentes laborais e os de tráfico, por non falar da dobre ameaza terrorista-, non estaría mal que, posto que se proclaman tan rendidos admiradores de Estados Unidos, os figurones da nosa dereita política e mediática leran a exemplar sentenza do caso “Texas contra Johnson”.

Outro tema e aparte e facerse a autopregunta de como aceptaríamos a queima de calquera outra bandeira, galega, basca, catalana, retrato de Castelao,etc... O reclamo á liberdade de expresión afecta só á queima da bandeira española? Persoalmente teño claro que todo o que poida arder é susceptíbel de ser queimado... por moi molesto ou doloroso que poidera ser para min, aceptarei sempre esa Primeira Emenda como se estivera dirixida a este menda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario