"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 3 de septiembre de 2007

O ranking dos países menos crentes do mundo


O estudo sobre as crenzas da poboación mundial, coordinado polo Collage Pfizer, calcula que entre 500 e 750 millóns de persoas non cren en Deus. O estudo, encabezado polo sociólogo Phil Zuckerman inclúe un ranking cos países considerados menos relixiosos. O encabeza Suecia e o estado español ocupa o posto 27 da lista, o que nos sitúa entre os países menos crentes do mundo. O estudo foi elaborado grazas ao cotexo e recopilación de inquéritos sobre relixión. Os seus datos son xa de 2005, pero ainda serven para facer unha composición global das crenzas a nível mundial, como explica a páxina web de Fernando Berlín, RadioCable.
Top 10
Suecia, con máis do 85% da poboación declarada non crente é o país menos relixioso do mundo, seguido por Vietnam, Dinamarca, Noruega, Xapón e Chequia. Finlandia, Francia, Corea do Sul e Estonia completarían o Top 10 dos estados menos crentes.
España...e olé...
O estado español aparece no posto número 27 da listaxe, con entre un 15 e un 24% de persoas non crentes (entre 6 e 9 millóns de persoas). Pola contra USA aparece moito máis atrás, no posto número 44 con apenas entre un 3 e un 9% de ateos.
Israel e países musulmáns
Pola súa parte, Israel ocupa o posto número 19 na listaxe, cun 37% da poboación declarada non crente, mentras que no Top 50 non aparece ningún país musulmán. Ningún estado musulmán supera o 3% de poboación atea, se ben algunhas das sondaxes teñen máis de 10 anos. Agora posiblemente haxa menos do 3%...

No hay comentarios: