"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







miércoles, 28 de noviembre de 2012

As guerras esquecidas: Chechenia...




Desde o ano 1994, Chechenia coñeceu dúas guerras extremadamente crueis. Entre 150.000 e 200.000 persoas morreron (antes do conflito Chechenia contaba cun millón de habitantes). Máis de 200.000 chechenos deberon fuxir como refuxiados. Grozni, a capital de Chechenia, foi destruída pola brutal represión do ocupante ruso. Un mozo checheno que teña 20 anos viviu máis da metade da súa vida nun país en guerra total. 

Hoxe en día, Chechenia é un gueto e os mozos, sumidos nun ambiente de extrema violencia desde 1994, perderon toda esperanza no futuro, a Universidade de Grozni foi destruída dúas veces e só conta con 600 estudantes (fronte aos 5000 de antes da guerra), de feito ir á Universidade é perigoso, non só porque os estudantes teñen que cruzar os innimerabeis postos de control rusos, senón tamén por mor da entrada de tropas rusas que se producen regularmente na Universidade. Por se isto fose pouco, quedan poucos profesores, algunhas materias xa non se imparten. Faltan libros, computadores e aulas. A todo isto hai que sumar as discriminacións ás que ven sometidas os estudantes chechenos que proseguen os seus estudos nas Repúblicas veciñas ou en calquera outro lugar de Rusia.

Lembrar que o propio Museo do Holocausto dos Estados Unidos emitiu unha alerta de Xenocidio (Genocide Watch) para Chechenia en 2001. A preocupación que o Comité ten por Chechenia provén da persecución dos chechenos como pobo no pasado; a satanización dos chechenos como grupo nacional dentro da sociedade rusa; o nivel de extrema violencia das forzas ocupantes rusas para cos civís chechenos.

As forzas militares rusas ocuparon de xeito abrumador e masivo Chechenia o 30 de setembro de 1999, apoiados por forzas aéreas e de artillaría pesada. As autoridades rusas afirmaron que a operación debeuse á incursión da milicia separatista chechena na veciña república rusa de Daguestán e a diversos atentados terroristas cometidos en Moscova e outras partes de Rusia, dos cales responsabilizaron aos chechenos. Nos meses subseguintes, Chechenia foi devastada, e a súa capital, Grozni, resultou destruída case por completo. A artillaría e a forza aérea rusas atacaron zonas poboadas en forma indiscriminada. As organizacións de dereitos humanos tamén documentaron varios masacres de civís por parte das unidades militares rusas.

Na primavera de 2000, o presidente ruso Vladimir Putin declarou que a paz chegara a Chechenia. Con todo, isto foi difícil de alcanzar para os civís chechenos, vítimas dunha continua guerra de desgaste. ven asediados por toda clase de abusos cometidos polas forzas ocupantes rusas: arrestos arbitrarios sen asistencia letrada, extorsión, tortura, asasinato. Os civís chechenos sofren ademais porque non se tomaron medidas continuas para restablecer os servizos sociais básicos, como os servizos públicos ou a educación. Os combatentes chechenos tamén cometen brutais abusos contra os civís, aínda que non da mesma magnitude nin coa mesma intensidade que as forzas rusas.  

O 5 de abril de 2007, Ramzan Kadyrov, fillo do asasinado ex primeiro ministro checheno Akhmad Kadyrov e líder da milicia prorusa máis temida de Chechenia (coñecida como Kadyrovtsy), pasou a ser o presidente do país. Aínda que fora a principal autoridade desde a morte do seu pai en 2004, a lei chechena non lle permitía ser presidente até de ter 30 anos de idade. Catro meses despois de cumprilos, ocupou o posto de máxima autoridade nacional. Aparentemente, a cantidade de desaparicións en Chechenia está a diminuír lentamente cada ano, segundo a organización rusa de dereitos humanos Memorial, pero aínda así segue sendo un problema de grande magnitude. Ademais, os detidos en Chechenia sofren torturas e malos tratos sistemáticos. Segundo a supervisión de Memorial, as Kadyrovtsy (forzas paramilitaresa prorusas a favor de Moscova e comandadas por Kadyrov) son responsables da maioría dos abusos, Con todo, moitos destes tamén son cometidos por axentes e persoal do Departamento Operativo do Ministerio do Interior Federal (ORB), ministerio que frecuentemente obriga aos detidos a confesar que son ou foron membros da resistencia, o cal xera cargos e condenas inventadas. A paramilitar Kadyrovtsy obriga aos detidos a que se unan aos seus grupos por medio da tortura. Como consecuencia do eterno conflito esquecido pola comunidade internacional os civís de toda Chechenia teñen gran dificultade para acceder a vivendas e atención médica básica.

No hay comentarios: