"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







martes, 27 de noviembre de 2012

As guerras esquecidas: Cabinda...



O atentado do FLEC-MP que tivo lugar no pasado mes de marzo de 2012 contra a expedición da selección de Togo que ía participar na Copa de África de Fútbol volveu a colocar brevemente nos medios internacionais o conflito de Cabinda, un enclave rico en petróleo onde varios grupos armados reclaman a súa independencia de Angola. Cabinda atópase separado fisicamente do resto de Angola e está rodeado por Congo-Brazzaville e a República Democrática de Congo.

O enclave angoleño de Cabinda, onde tivo lugar o ataque mortal contra a selección togolesa acolle numerosos grupos independentistas debilitados pola masiva presenza militar angoleña, pero que seguen sendo capaces de realizar atentados.

Numerosos grupos armados, que reclamaban a marcha dos colonos portugueses, formáronse desde 1963 a partir da Fronte para a Liberación do Enclave de Cabinda (FLEC), que segue sendo a referencia dos independentistas actualmente. O enclave de Cabinda, unha franxa de terra rica en petróleo (7.300 quilómetros cadrados entre Congo-Brazzaville e a República Democrática de Congo e separada fisicamente do resto de Angola) foi integrada administrativamente polos portugueses na súa colonia en 1956.

Deste xeito, converteuse nunha das provincias angoleñas coa independencia do país en 1975. O FLEC intentou a secesión co apoio do veciño Zaire (actualmente a República Democrática de Congo), pero o Movemento Popular para a Liberación de Angola (MPLA), no poder en Luanda, despregou inmediatamente tropas. En 2002, o fin da guerra civil tras a independencia no resto de Angola, permitiu ao vitorioso MPLA despregar máis tropas en Cabinda, única provincia na que se manteñen a día de hoxe os combates.

O principal elemento deste conflito é o petróleo. Cabinda supón o 60% da produción petroleira de Angola, que en 2009 converteuse no primeiro exportador africano superando a Nixeria. «As Forzas Armadas angoleñas volveron a despregar 30.000 soldados en Cabinda para acabar coa insurrección independentista», sinalaba Human Rights Watch nun informe de 2009.

«Estes esforzos militares supuxeron a destrución das principais bases do FLEC e debilitaron considerablemente as capacidades militares da guerrilla», engadía HRW, que denunciaba numerosas vulneracións dos dereitos humanos por parte do ocupante Exército angoleño. O movemento rebelde se disgregou co paso dos anos en múltiples faccións, como o FLEC-FAC (Forzas Armadas de Cabinda), liderado por Henrique N'Zita Tiago, e o FLEC-Renovada.

En 2003, Rodrigues Mingas creou o FLEC-Posición Militar (FLEC-PM), que reivindicou o ataque do contra a selección de Togo. Aínda que no seu momento actuaron como aliados no marco do Fórum Cabindés para o Diálogo (FCD) co obxectivo de iniciar negociacións de paz con Luanda, o FLEC-Renovada e o FLEC-FAC volvéronse a separar en 2006 tras a firma dun acordo de paz con Angola por parte de Antonio Bento Bembe, líder do FLEC-Renovada. O FLEC-FAC denunciou ao acordo e volveu á loita armada. Actualmente, o FLEC-FAC e o FLEC-PM funcionan de xeito autónomo en Cabinda, pero forman conxuntamente o Goberno cabindés no exilio.

As universidades e os hospitais non dispoñen de instalacións minimamente dignas. A capital na súa grande parte e as vilas do país sen auga potábel, sistemas de drenaxe e saneamento de auga o que contrasta co renacer das cidades angolanas e as mansións, vivendas, festas privadas, obras faraonicas de luxo que crecen como cogumelos en Luanda.


A nación Cabinda é un territorio ocupado por Angola. E, tanto a potencia ocupante, como a que no seu momento a administrou (Portugal), deberan aceptar un referendo de autodeterminación para saber o que os cabindas queren para o seu futuro. Sexa como for, o dereito de autodeterminación e escolla do pobo cabinda non prescrive, non pode prescrivir, mesmo cando o importante para o ocupante e para a escasa atención da comunidade internacional máis atenta a outros conflitos moito máis mediáticos é apenas o petroleo.
O pobo de Cabinda non está interesado nunha pacificación militar. O que se pretende agora é unha solución política que pase por un proceso internacional, credíbel e democrático, porque a vontade do pobo de Cabinda debe ser escoitada e respetada.

No hay comentarios: