Lamentable batalla campal no "amigable" entre Grecia e Serbia, que tivo que ser suspendido. Fotsis e Teodosic empezaron unha broca na que Schortsianitis e Keselj foron protagonistas e que concluíu, como o partido, cando Krstic estampou unha cadeira sobre Bouroussis. O tal "amigable" entre Grecia e Serbia acabou en algo máis que unha igualada contenda deportiva: os dous equipos encerelláronse nunha vergoñenta tangana obrigando aos colexiados a suspender o encontro con dous minutos ainda o final e 74-73 para os helenos. Todo empezou cunha disputa entre Fotsis e Teodosic, rivais a nivel de clubs con Panathinaikos e Olympiacos; o grego debeulle dicir algo que acendeu a Teodosic, que lle deu un guantazo. Fotsis reaccionou e empezou a batalla, chovendo puñadas e patadas. Entre outros momentos indescritibles, pódese destacar unha durísima hostia de Keselj a Tsartsaris, a cinco xogadores serbios e algún que outro grego suxeitando sen moito éxito a Schortsianitis ou Fotsis placando a xogadores rivais. A situación acendeuse con Bouroussis e Schortsianitis seguindo a Nenad Krstic de xeito ameazante e levando á situación máis lamentable: o pivot serbio estampoulle unha cadeira na cabeza a Bouroussis, provocándolle un profundo corte e o cabreo global. O partido tivo que ser suspendido e segundo informa sport.gr os colexiados explicaron na acta que "houbo incidentes" pero sen mencionar nomes específicos. Así mesmo, a citada web grega afirma que a pelexa continuou logo no vestiario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario