"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







miércoles, 2 de junio de 2010

As Nacións Unidas son feministas...


Hai dúas semanas, e coa maior discreción, as Nacións Unidas elexiron á República Islámica de Irán como membro a Comisión do Status da Muller por un periodo de catro anos a partir de 2011. O propósito desta Comisión é "loitar pola igualdade da muller en todas as esferas da vida, ademais de achegar ao seu avance e desenvolvemento na sociedade". A República Islámica de Irán foi elixida "por aclamación" xunto a outros dez estados que ocuparon as cadeiras vacantes. Noutras palabras, non houbo necesidade de requirir ao voto da Asemblea Xeral, nin dos actuais membros da citada comisión. A elección levouse a cabo unha semana despois que o ayatola Kazem Sedighi, un dos máis altos clérigos de Irán, declarase publicamente que a "inmodesta forma de vestir das mulleres descarría aos mozos, corrómpeos, dánalles a súa castidade e difunde a práctica do adulterio". O líder relixioso agregou que "as roupas femininas reveladoras son as culpables de todos os terremotos do mundo". Así de simple. En Irán as mulleres carecen da capacidade para elixir os seus maridos, non teñen dereito independente á educación despois do matrimonio, nin a divorciarse, nin á custodia dos seus fillos, non teñen protección contra a violencia en espazos públicos e menos aínda nos privados, os cupos da súa admisión nas universidades están restrinxidas e existen leis que prescriben e aplican o flaxelo co látego ou a lapidación ás "mulleres inmodestas''. É verdade que a ONU é un organismo que non termina de sorprendernos coas súas espléndidas resolucións. De todos xeitos, desde aquí algunhas recomendacións máis que con certeza contribuirán a acadar a paz mundial e o entendemento entre os pobos:
*Corea do Norte - Presidente do Organismo Internacional de Enerxía Atómica
*O Vaticano - Presidente da Comisión de Igualdade de Dereitos dos Homosexuais
*Sudán - Presidente da Comisión dos Dereitos do Neno
*Afganistán - Presidente do Tribunal Internacional da Haia
* Al Qaeda, Hezbolláh, Hamás, Yihad islámica, ETA, FARC, etc. - Patrimonio da Humanidade

No hay comentarios: