"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 11 de enero de 2010

O Día da Shoáh en Ourense...


Con motivo da conmemoración o vindeiro 27 de Xaneiro do Día Internacional de Recordo e Homenaxe ás Vítimas do Holocausto, e organizada pola Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, terá lugar en Ourense entre os días 16 e 29 de Xaneiro, a Exposición "Testemuñas do Holocausto". Exposición que ficará aberta ao público nos salóns do Liceo de Ourense. O día da clausura da Exposición - o venres 29 - no mesmo Liceo de Ourense, presentación do libro da profesora Gloria de Antonio Rubio "Judios e inquisición en Ribadavia". Libro editado polo Concello de Ribadavia, Casa Sefarad-Israel e a Rede de Xuderías de España. O acto dará comezo ás 19:30 e a presentación correrá a cargo do escritor e socio de AGAI, Afonso Vázquez-Monxardín. Todas as actividades son de entrada libre. Máis información: www.amizadeconisrael.org

No hay comentarios: