"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 15 de enero de 2010

Holocausto en banda deseñada...


Nestes días nos que o 27 de Xaneiro, Día Internacional de Recordo das Vítimas da Shoá fica próximo, eis un imprescindíbel traballo en banda deseñada do debuxante asturiano Alfonso Zapico, editado polo grupo "Zivia Lubetkin" que podes - eu diría debes - descargar íntegro e de balde AQUI

Desde "Os Blues Propicios" animo a todos os que sodes mestres a empregalo como material docente cos vosos alumnos.

"Auschwitz foi un proxecto de esquecemento: non tiña que quedar nin rastro. Sen soporte físico, debía desaparecer a significación cultural do pobo xudeu e a súa contribución á historia da humanidade. Tratábase de producir un crime de tal magnitude que, aínda que alguén escapase da cámara de gas e dese testemuño, ninguén lle crería pola desmesura do acontecemento. E, aínda que o cresen, tratarían de esquecelo porque telo presente era vivir cun fardo insoportábel".

Manuel Reyes Mate

No hay comentarios: