"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







martes, 8 de julio de 2008

As 10 leis sexuais máis absurdas de Estados Unidos...

O pasado venres celebrouse en Estados Unidos o 4 de Xullo, o seu Día da Independencia e aproveito esta efeméride para repasar algunhas curiosas leis ainda vixentes e realmente absurdas relacionadas co sexo. Aida que non o creades mentras en Virxinia é ilegal facer o amor coa luz prendida en Washington DC está prohibido facelo a catro patas. E este tipo de leis non son tan moralistas coma poderíamos supor. Por exemplo en Washington é legal a zoofilia pero sempre e cando o animal pese menos de 18 quilos. Outras leis como a prohibición de disparar un arma durante o orgasmo rozan a ridículo pero poden ser comprensibles. E, por qué sucede isto? O sistema xurídico en Estados Unidos deriva do sistema da Inglaterra medieval e basease máis na xurisprudencia que nas leis. Para que nos entendamos, máis ou menos significa que a sentenza xudicial ditada por un tribunal, convértese en lei até que o caso volva a revisarse.
Pero, con leis como estas... ¿Cantos de nós seríamos culpábeis e de cales? Agardo a vosa morbosa e sincera confesión...
01. O sexo oral é ilegal en 18 estados.
02. En Virxinia é ilegal facer o amor coas luces acendidas.
03. En Willowdale, Oregón, é ilegal que os maridos pronuncien guarrerías durante o coito.
04. En Georgia é ilegal o sexo entre personas solteiras.
05. A única posición do acto sexual permitida en Washington, DC é a do misioneiro.
06. En Connorsville, Wisconsin, é ilegal disparar un arma mentras a túa parella ten un orgasmo.
07. É ilegal practicar sexo cos camioneiros na caseta de peaxes.
08. En Florida está prohibido ter relacións sexuais con porcoespiños.
09. En Utah é ilegal casarse co teu curmán antes dos 65 anos.
10. A zoofilia é legal pero só para os homes no estado de Washington, sempre e cando o animal pese menos de 18 quilos.
Tirado de College Times.

2 comentarios:

MAR dijo...

Pues el 06 me da mucho morbo: que mi pareja dispare un arma mientras yo tengo un orgasmo... ummmm siiii máaaaaaasssssssssssssss

Sr. J dijo...

Quando vejo estas listas (um clássico do internete) sempre me pregunto: e será certo...?
Suponho que si, o de sentar jurisprudência já se ve que é um sistema caralhudo.
Assi e todo, eu o dos porcoespinhos vejo-o normal... nom assi o do limite de peso para a zoofília, que deveria ser ao revés (ou seja, só com animais grandes... ou?)