Cóntame o noso home en Dublín, que hai uns días, nunha reposición dos torneo 6 Nacións que emitiu a tv irlandesa, decatouse de que a Princesa Margarida, membro da familia Real Britanica, sempre asiste aos partidos da selección Escocesa e para a nosa sorpresa sempre canta o himno... o curioso e a letra do himno:
Oh flor de Escocia,
Cando te veremos así outra vez.
Por aqueles que loitaron e morreron
polos teus outerios e vales enfrontaronse a el.
Orgulloso exercito de Eduardo,
e envialo de volta a casa,
a persalo outra vez.
Os montes estan espidos agora
e as follas do outono grosas e tranquilas,
Agora a nosa terra está perdida,
a que con tanto cariño curaronos que se enfrontaron a el.
Orgulloso exercito de Eduardo,
e envialo de volta a casa,
a persalo outra vez.
Eses dias pasaron,
e no pasado deben ficar,
mais ainda podemos erguernos
e ser unha nazón outra vez.
Imaxinades aos Borbóns, acudindo a un partido da selección galega e cantando a todo pulmón " Nazón de Breogan". Que dirían a COPE?
No minuto 1 e 4 segundos do video que nos envía O Bluesman, podese aprezar á Princesa Margarida cantando o himno de Escocia
1 comentario:
que bonito é o hino de Escocia, tanto en letra como música, propia dun hino. Adoro a letra. obrigado
Publicar un comentario