"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 23 de mayo de 2008

Natalie Portman...

Israel é...

Onde nacín. Onde comín o meu primeiro caramelo e aprendín a ir soa ao cuarto de baño. Onde algúns dos meus amigos adolescentes pasan as noites vestídos, durmindo cun casco. Onde gardas e seguridade son as únicas profesións en excedente. Onde os desertos florecen e as historias dos pioneiros son romantizadas. Onde un coxo doce e cheo de espiñas simboliza o ideal israelita. Onde a inmigración cara Israel é chamada “ascender” e emigrar de Israel chámase “descender”. Onde os meus avós non naceron, pero onde eles se salvaron.

Onde o ano transcorre coa estación das olivas, das améndoas, dos dátiles. Onde un transgresivo prato de porco ou gambas asexa provocadoramente dunha emenda de Xerusalén. Onde, a pesar de excepcións substanciais, reina a laicidade. Onde o viño é relixiosamente doce. Onde hai unha fonte inesgotable de humor negro. Onde o riso é a moeda corrente e as anécdotas a relixión. Onde os partidos políticos multiplícanse máis deprisa que as persoas. Onde tornarse relixioso é descrito como “retornar á resposta” e tornarse laico “retornar á cuestión”.

Onde, en sesenta anos, oito cidadáns gañaron Prémios Nobel. Onde hai neve a dúas horas o norte e hamsin (vento do deserto) a dúas horas ao sur. Onde nunca foi permitido a Moisés entrar, pero cuxas rúas nós lixamos. Onde a lingua na cal Abraham falou a Isaac foi resucitada para incluír palabras e expresións como “camisón”, “guerra química” e “conferencia de prensa”. Onde o muezzin canta, as campás das igrexas tocan e onde os shofars claman libremente na dirección do Muro dos Queixumes.

Onde os comerciantes regatean. Onde os políticos regatean. Onde un día haberá paz, pero nunca acougo. Onde eu nacín; onde as miñas entrañas néganse abandonar.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Un texto precioso. Case poesía

Finding Neverland dijo...

:)

Bo finde.

Finding Neverland dijo...

http://www.fotolog.com/morganamoon