O Museo Xudeu de Nova York recupera para a exhibición os retratos realizados por Andy Warhol dos que el considerou aló polo ano 1980 os dez xudeus máis influíntes do século pasado, Albert Einstein, Sarah Bernhardt, Franz Kafka, Louis Brandeis, Martin Buber, Sigmund Freud, George Gershwin, the Marx Brothers, Golda Meir e Gertrude Stein. A exposición que leva o título de "Os xudeus de Warhol: dez retratos reconsiderados", completaráse ademáis coas fotografías que Warhol tomou como base, varios esbozos, un collage preliminar, unha edición da mostra serigráfica final e unha colección de pinturas completa das cinco que realizou para esta serie.
No hay comentarios:
Publicar un comentario