En abril de 1995 estreouse “Crumb”. Documental producido por David Lynch e dirixido por Terry Zwigoff, coñecido tamén por ter dirixido “Ghost World”, un documento imprescindíbel para entender mellor a unha das figuras máis destacadas do movemento do comic underground americano: Robert Crumb. O entorno do artista desfila pola pantalla reflectindo ao auténtico Crumb en todo o seu esplendor; LSD, fetichismos varios, sexo, tolería e un sinfín de obsesións que se converten nas auténticas protagonistas do documental que podes ver subtitulado en español aquí.
1 comentario:
Mi má... nom tinha idea de que o Crumb estivesse tam, tam mal da azotea... claro que comparado com o resto da sua família mesmo parece normal. Vaia tela.
A peli gustou-me moito, para ser de David Lynch entende-se todo, o que já está bem, e ademais mete-te no mundo destes frikis a um nivel moi íntimo... paga a pena ve-la, desde logo.
Graças pola recomendaçom, Pedro.
Publicar un comentario