"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







sábado, 25 de agosto de 2007

Máis sobre o cabalo de Guillerme, de X.L.Méndez Ferrín


SEGUNDA FEIRA
Máis sobre o cabalo de Guíllerme
Sosé Luís Méndez Ferrín
Fálabamos o venres pasado de que o Rei de Galicia don Garcia, regaláralle ao primeiro Rei normando de Inglaterra un cabalo, montado no cal el gañara a batalla de Casting no ano 1066. Dicíamos que debía, este cabalo precioso, ser de raza meridional ibérica, como o lusitano do que hoxe é propietario, no Galilleiro, un meu amigo chamado tamén Guillermo. Este agasallo, do que fora argallante casamenteiro o barón Galtier Giffart, estaba relacionado co matrimonio do noso Rei cunha princesa normanda. En materia matrimonial, Don García parece que fora ambicioso, tanto que quixo tomar tamén como muller nada menos que unha irmá do Emperador Enrique IV de Alemaña, coido que anteriormente. Pois ben, o Rei de Galicia foi vítima dos seus irmaos, caíu preso, puxéronlle ferros, metéronno no castelo de Luna, nunha serie de avalares novelescos que Dario Xohán Cabana nos deixará de transmutar en excelente novela, se Deu-lo quixer. A consecuencia foi a desapari­ción do Reino de Galicia. Non se preo­cupen, que xa voltará de outra maneira. Como di o coengo e historiador (ben españolista) Don Casimiro Torres, "Los gallegos no se resignaron a ver en prisio­nes a su monarca" non. Rodrigo Ovéquiz levantou grande parte do país, con capital en Lugo, no ano 1085. Foi derro­tado, despois dun asedio e asalto memorábel as murallas roma­nas que velan sobre o Miño. Desterrárono (desterróuno a má besta de Afonso VI), a térras de mouros. Pero o bon conde Ovéquiz, á sombra da invasión almorávide, regresóu furtivo a Galicia e promovéu, en connivencia co arcebispo de Compostela, Diego Páez, unha nova revolta en favor da independencia de Galicia simbolizada no rei preso Don García. Desta feita, Ovéquiz fixo como Napoleón nos cen días, ao fuxir da Illa de Elba. Chamóu por todos e non agardóu por ninguén. Quedóu só, facéndose forte no Castro de Ortigueira, no ano 1087. Valente Rodrigo Ovéquiz, que non lle da o seu nome a ningunha rúa.de concello ningún rexido por nacionalistas de ho­xe!!
Cercado dentro do Castro de Santo Estevo, de Ortigueira, Ro­drigo Ovéquiz resistíu cos ollos postos no mar céltico. Recorda­ba os compromisos políticos do novo Rei de Inglaterra, Guillerme o Conqueridor, trabados e corcosidos mediante a diplomacia do barón Galtier Giffart. Esperaba que no horizonte se fixeran presentes as velas das naus normandas, víndas para salvar Gali­cia do oprobio. Pero pasaron os días e so o vóo dos máscalos mo­dificaba os ventos; nada, ninguén. Alfonso VI, o usurpador de Galicia, derrotóu a Ovéquiz, pasóu a sangue e a lume a Galicia leal. Desposeéu e condenóu ao ostracismo histórico ao Arcebis­po Páez, deixando que a Historia so tivese ollos para o seu frau­dulento sucesor Xelmírez. Cairon moitas cabezas neste reinado infortunado.
Pensamos que Guillerme o Conqueridor non mandóu as súas naves -inmortalizadas nos lapices de Bayeux- en axuda dos nosos, porque xusto naquel ano infausto de 1087, en Setembro, morrera súpetamente. Dinos a Historia que o Duque de Normandía e Rei de Inglate­rra, morrera a causa da caída dun cabalo.

Caíu do mesmo cabalo ibérico, barberisco ou árabe que Don García lle mandara de regalo de esponsais? Se así fose, eslaríamos perante unha coincidencia ben triste. Pero o caso non debéu ser desta maneira: o cabalo de Don García, naquel intre, tería máis de vintenove anos, o que non fai moi cribel a suposición.
E eu digo: a alguén lle teremos que mandar o cabalo adecuado no día de hoxe.

No hay comentarios: