Conta a historia en primeira persoa dun militante galeguista, Ramón de Valenzuela, recrutado como tantos na tropa fascista durante a guerra española. Na fronte, pasa ao bando republicano. Exílase en Francia e, durante a Segunda Guerra mundial a Gestapo devolveo á España de Franco. Consegue safar e salvar a vida. De volta a Galiza, un día ten a seguinte experiencia nunha rúa da Estrada que conta no seu libro "Era tempo de apandar":
"Saín e aos poucos encarei de súpeto cun compañeiro de facultade vestido de falanxista con enseñas de xefe local.
"Saín e aos poucos encarei de súpeto cun compañeiro de facultade vestido de falanxista con enseñas de xefe local.
-Ola!
-Ola!
-Ainda vives?
-Pois parece que si.
-A min paréceme que non debías de vivir.
-A opinión dos que me xulgaron foi outra.
-Que viñeche facer aqui?
-É un interrogatorio?, díxenlle serio.
-Contesta o que che pergunto, dixo imperativo coas mans nas pistolas. Outros dous falanxistas puxéronse a pouca distancia de nós.
-Veño de viaxante de comercio. Dos "Laboratorios Nor-Occidentales". Vendo raticida.
-Como podo saber que dis a verdade?
-Pergúntalle a Ismael, el comprou algo. Ademais teño unha credencial.
-Ven comigo. Eu non me fío de credenciais que poden ser falsas. Os dous falanxistas achegáronse algo máis. Non tiña opción de me negar. Entramos no establecemento de Ismael e axiña chegou, con cara sorrinte, o mesmo que me atendera antes. A miña situación era claramente de arrestado, máis que nada pola seriedade e dureza de vista na cara do meu arrestador.
-Que pasa? Ocorre algo?, dixo o comerciante virándose serio tamén.
-Ti comprácheslle algo a este?
-Pois si, compreille un raticida. Que problema hai?
-E sabes quen é este?.
-Paréceme telo visto nalgunha ocasión, mais, na realidade non sei.
-Por se non o sabes voucho dicir eu. Este é un roxo separatista deses que andaban á beira de Castelao e non entendo porque o ceibaron da cadea. Ollou de súpeto para min como para se vaciar dunha xenreira contida. Despois fitou para o comerciante case que coa mesma severidade, pegou un taconazo erguendo a man e fíxolle aceno aos compañeiros para que sairan con el a asaltar outra trincheira. Quedeime de frente a frente co dono. Agardaba que falara el pero el non tiña cousa que me dicir e ficaba serio para min. Fixen propósito de non iniciar eu a conversa e estivemos así unha chea de tempo.
-Non ten nada que dicir?, iniciou.
-Eu non, son un home que foi condenado por un asunto político e que cumpriu a súa condena. Coido que isto non ten relación cun asunto comercial.
-Ten aí o seu pedimento?
-Abrín a carteira, quiteino e entregueillo. Mirouno moi amodo, rachouno tamén amodo e deu media volta sen me dicir outra palabra máis. De volta, sentín odio acugulado".
No hay comentarios:
Publicar un comentario