"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







jueves, 14 de junio de 2007

A pel de galiña



Envíame o Bluesman desde Dublín este video. E faino cunha advertencia previa: "vaiseche por pel de galiña". Certo. É o Partido de Rugby entre Eire e Inglaterra do pasado "6 Nacions". É a primeira vez que un equipo Britanico pisaba Croke Park, escenario dunha masacre por parte do exercito inglés en 1922. Moitos agardaban incidentes ou que o Himno Inglés fora asubiado. Non foi tal, respecto total, e logo o himno irlandés, a "Cancion do Soldado", himno da Republica e logo o impresionante "Ireland's call" (a chamada de Irlanda) feito para animar ao equipo de Rugby, na que hai xogadores de toda a illa incluído o Ulster, e que está comenzando a ser tomado coma o verdadiro himno por todos os irlandeses. Impresiona de verdade Xose, bebe unha pinta de Guines á miña saúde.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Se tiveramo unhas seleccions deportivas recoñecidas, ao escoitar o himno cantas cousas se entenderían.

Sr. J dijo...

Moi fermoso, certo, especialmente o "Ireland´s Call".
Mais esqueces o máis importante, Pedro... Irlanda ganhou!! E passando-lhes por riba aos ingleses: 43-13.