"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







jueves, 19 de abril de 2007

E que fago co Punto "G"? E como o fago?


G-spot - Click here for funny video clips

O video arriba exposto contén 5 partes, todas elas sobre o punto G. Como esta en inglés, imos a dar a clase de teoria en galego.
Que é?

O punto de Gräfenberg o punto G (chamado así en honra do seu descubridor, o xinecólogo alemán Ernst Gräfenberg) é unha pequena zona da área xenital das mulleres localizada detrás do oso púbico e alrededor da uretra; isto é, na parede frontal ou anterior da vaxina e a medio camiño entre o oso do pubis e o colo uterino. É parte da esponxa uretral, onde se topan as glándulas de Skene. Se imaxinamos a esfera dun reloxo con centro no orificio vaxinal, tendo as 12 en dirección ao embigo, esta zona sitúase entre a unha e as once (primeira parte do video).


É unha masa composta por nervios, situada entre 3 e 7 centimetros desde a entrada da vaxina, e de forma parecida a unha xudia. O seu tamaño é, aproximadamente, o dunha moeda mediana (un euro), ainda que a súa localizacion e dimensións poden variar entre unha muller e outra. Algúns autores prefiren non definir unha zona concreta e facer fincapé nun estado: a "condición" hinchada da esponxa uretral ou das glándulas parauretrales durante a excitación sexual, pois esta zona, hinchase cando a muller esta excitada, mais ainda se se estimula directamente, chegando incluso a palpitar. É preciso aclarar que durante o orgasmo as glándulas parauretrales baleiran o seu contido debido ás contraccións da musculatura perineal e vaxinal, logo pasados uns dias desde o ultimo orgasmo, cando ditas glándulas están repletas de fluido, é cando mellor se pode recoñecer esta zona.


A estimulacion

Recoméndase atacar esta zona unha vez a muller estea excitada (o clitoris ereto, a vulva cargada de sangue e a vaxina lubricada) e perseverar na súa estimulacion durante alguns minutos deica que a muller comece a sentir pracer.

Posto que, dalgun xeito, ao estimular esta zona faise presion sobre as paredes da vexiga, é normal que algunhas mulleres sintan desexos de mexar durante estas practicas. Sempre pora miccionar antes de levar a cabo esta tecnica sexual para asi baleirar a vexiga.

Posturas aacaidas

Se a muller vaise a estimularse ela soa mediante masturbacion, recomendase que permaneza sentada ou en cuclillas (terceira parte do video). Se a masturbacion a leva a cabo o home, podes tomar nota da ultima parte do video, onde se amosa a forma idonea: introducense dous dedos na vaxina, anular e corazon, mantendos de forma arqueada e realizando un movemento de golpeteo (non de penetracion) de forma ritmica e constante. Sexa cal sexa a postura que tome a muller, a palma da man do home deberá de ficar fronte á vulva da muller. Para efectuar este tipo de caricias é recomendábel que as mans estean completamente limpas, coas unllas ben cortadas; non estaría de máis utilizar un pouco de crema ou aceite lubricador a fin de facelas máis suaves se cabe.


Se son relacions heterosexuais ao uso (con penetracion xenital), a postura do can é a mais adecuada, xa que permite ao pene do home un mellor acceso á parede frontal da vaxina, onde se atopa o punto G. En xeral, son validas aquelas posturas nas que a muller estea enriba do home ou é penetrada por detrás. Vexamos alguns delas:

1.- A muller sentada sobre o home e inclinada cara atras.


2.- A muller deitada de costas, coas pernas dobradas e levantadas, e o home de xeonllos entre as súas pernas.


3.- A muller deitada de lado, e o home na misma postura atacando desde atras.


Non obstante, é necesario aclarar que a estimulación do Punto G mediante a introdución do pene resulta difícil se non se axuda coa estimulación manual, especialmente naquelas mulleres que teñan os musculos da vaxina distendidos polos partos.

Outros datos
A enquintas máis recentes sitúan entre o 30 e o 54 % a porcentaxe de mulleres que admiten experimentar este fenómeno. Pensase que a estimulación do punto G é máis intensa naquelas mulleres maiores de trinta anos, porque as mudanzas na estrutura dos tecidos do interior da vaxina permite un acceso máis fácil a dito punto. Alguns expertos cren que, por esta razón, é na trintena cando estas alcanzan o cumio sexual.

2 comentarios:

Nati dijo...

mmmmm....daquela o millor aínda está por chegar.. que guai!!

Anónimo dijo...

Para o meu amigo Pedro porque non todo vai ser política:

Ilustrativa e precisa aportación en col da busca e captura do punto G para deleite das donas mais eu quixese aportar algo que é tan azaroso de atopar porén tamén moi pracenteiro de achar: o punto G de nós, os cabaleiros. Antes de visitar a seguinte páxina web aviso a escandalizábeis machos galaicos que non debe ser unha meta exclusiva dos homosexuais e que compensa a demanda deste graal.

www.aneros.com