"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 6 de diciembre de 2019

Dous poemas de María José Fernández López



Todo queda en orde
tras a morte
mesmo os entullos
No salón as fotos
no armario a roupa
sobre a colcha os berros
e xeo
nas paredes
nos ollos dos que quedan
cristais
a dor da luz
Despois da morte
a transparencia simétrica
dos cristais

***

Atmósfera

Sei das sete garzas brancas
 acróbatas no silencio da materia
Entón, por que me pides que respire
 coa estabilidade dos gases inertes?
non sentes a dor primeira da danza
neste crisol de moléculas orfas?
 E ó mellor se non fosemos vulnerables
como a auga na area
se non rachásemos
 como a fe no espello da desesperanza
 podería navegar esta atmósfera cos pulmóns secos
Mais dixen que non, amor,
 escollín o insomnio
somos cinsa de astros extintos
 e non vou afogar a inocencia
 na densa felicidade dos covardes


No hay comentarios: