"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 14 de octubre de 2019

Comandante Ricardo de la Puente Bahamonde




Non coñecía a figura -e o dramático final- do curmán de Franco, o comandante ferrolán Ricardo de la Puente Bahamonde, quen era primo irmán de Franco por parte de nai, e con quen durante a infancia estivo moi unido, sendo compañeiros de xogos..

O comandante Ricardo de la Puente Bahamonde foi dúas veces condecorado pola súa moi destacada participación na Guerra do Rif pero foi en 1934 durante a Revolución de Asturias cando o comandante Ricardo de la Puente Bahamonde tivo o seu primeiro gran choque con Franco ao negarse a bombardear aos mineiros asturianos, en folga feito polo que foi destituído polo seu curmán Francisco Franco, por entón xefe do Estado Maior.

Pero foi en Melilla o 17 de xullo de 1936 cando o enfrontamento entre primos chegou ao seu clímax. Ese día, sendo comandante do Aeródromo militar de Tetuán, ante as novas da sublevación militar no Protectorado de Marrocos, o comandante Ricardo de la Puente Baamonde telefonea ao Alto Comisario de Marrocos, para comunicarlle que el e os homes ao seu mando manteríanse fieis á legalidade da República. Pouco despois as forzas coloniais moras ao mando do coronel Sáenz de Buruaga atacaron a base aérea e ao amencer do 18 de xullo a resistencia armada das tropas leais ao goberno foi dobregada ante a gran superioridade numérica e de material dos sublevados.

O comandante Ricardo de la Puente Bahamonte rendeuse non sen antes ordenar aos seus homes que inutilizaran os sete caza bombarderos Breguet 19 que se atopaban estacionados na base

Cando o seu curmán Francisco Franco chegou ao Aeródromo de Tetuán para asumir o mando das tropas golpistas, os oficiais sublevados informáronlle do sucedido. Franco deu entón a orde de que fose executado. Foi fusilado uns días despois, o 4 de agosto no Monte Hacho (Ceuta).

No hay comentarios: