O líder norcoreano Kim Jong Il faleceu o pasado sábado seica por "esgotamento físico", segundo informaron hoxe os medios oficiais. Un conciso comunicado oficial detalla que Kim Jong Il morreu ás 08.30 horas do 17 de decembro durante unha viaxe en tren. Pouco despois de anunciarse o falecemento, Corea do Sur puxo ás súas tropas en estado de alerta, á espera do próximo movemento do seu país veciño, co que leva en estado de cesamento do fogo desde o fin da guerra civil, en 1953. Na foto, o sátrapa como protagonista da campaña que a axencia Scholz & Friends de Berlin realizou para a ISHR co gallo do 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Deica nunca tirano...
No hay comentarios:
Publicar un comentario