"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 25 de diciembre de 2011

Conto de Janucá...

Contos de Janucá...


A neve de Jelm. Isaac Bashevis Singer


Jelm era unha aldea de parvos: parvos novos e parvos vellos. Unha noite alguén espiou á Lúa, que reflectíase nun barril de auga. A xente de Jelm imaxinou que caera alí. Selaron o barril para que a Lúa non fuxira. Cando á mañá abriuse o barril e a Lúa non estaba alí, os aldeáns decidiron que fora roubada. Chamaron á policía e cando o ladrón non puido ser atopado, os parvos de Jelm choraron e laiaronse.
De todos os parvos de Jelm, os máis famosos eran o sete anciáns. Como eran os máis vellos e os máis grandes parvos, gobernaban en Jelm. Tiñan barbas brancas e frontes moi anchas, por pensar demasiado.
Unha vez, durante unha noite de Janucá, a neve caiu continuamente. Cubriu todo Jelm coma un mantel de prata. A Lúa brillou, as estrelas titilaron e a neve reluciu como perlas e diamantes.
Esa noite, os sete anciáns estaban sentados e reflexionando, mentres engurraban as súas frontes. A aldea necesitaba diñeiro, e non sabían onde obtelo. Repentinamente, o máis ancián deles, Gronam o Gran Parvo, exclamou:
- A neve é prata!
- Vexo perlas na neve!- berrou outro.
- Eu vexo diamantes!- agregou un terceiro.
Para os anciáns de Jelm resultaba claro que caera un tesouro do ceo.
Pero logo comezaron a preocuparse. Á xente de Jelm gustáballe camiñar, e certamente terminarían por pisar o tesouro. Que se podía facer? O parvo Tudras tivo unha idea.
Enviemos un mensaxeiro que pete en todas as xanelas e comunique a todos que deben permanecer nas súas casas ate que se recolla a prata, as perlas e os diamantes.
Durante un intre, os anciáns ficaron satisfeitos. Restregáronse as mans e aprobaron a astuta idea. Mais entón Dopey Lekish fixo notar con aflición:
- O mensaxeiro mesmo pisará o tesouro.
Os anciáns comprenderon que Lekish tiña razón e outra vez engurraron as frontes nun esforzo para solucionar o problema. - Xa o teño! -exclamou Shmerel o Boi.
- Di, di! -pregáronlle os anciáns. O mensaxeiro non debe ir a pé. Debe ser transportado sobre unha mesa, para que os seus pés non toquen a preciosa neve.
Todos ficaron encantados coa solución de Shmerel o Boi, e os anciáns, batendo palmas, admiraron a súa propia sabedoría.
Os anciáns enviaron inmediatamente a alguén á cociña na procura de Gimpel, o mozo das encomendas, e puxérono encol dunha mesa. E agora quen debería de transportar a mesa? Foi unha sorte que na cociña estivesen Treitle o cociñeiro, Berl o pelador de patacas, Yukel o mesturador de ensaladas e Yontel que coidaba á cabra da comunidade. Ordenóuselles aos catro que levasen a mesa na que Gimpel estaba de pé. Cada un sostivo unha pata. Arriba estaba Gimpel cun martelo de madeira, para golpear nas xanelas dos aldeáns. Saíron.
En cada xanela Gimpel petaba e dicía:
- Ninguén debe deixar a súa casa esta noite. Caeu un tesouro do ceo e está prohibido pisalo.
A xente de Jelm obedeceu aos anciáns e permaneceu nas súas casas durante toda a noite. Namentres os propios anciáns sentaron, tratando de imaxinar como farían mellor uso do tesouro, unha vez que o recollesen.
O parvo Tudras propuxo que o vendesen e mercasen unha gansa que puxese ovos de ouro. Así a comunidade tería un ingreso fixo.
Dopey Lekish tivo outra idea. Por que non mercar anteollos que fixesen parecer máis grandes todas as cousas aos habitantes de Jelm? As casas, as rúas e as tendas parecerían máis grandes e desde logo, se Jelm parecía máis grande, pois entón sería máis grande. Xa non sería unha aldea, senón unha grande cidade.
Apareceron outras ideas igualmente enxeñosas. Pero mentres os anciáns sopesaban os seus diversos plans, chegou a mañá e brillo o Sol. Miraron pola xanela e, carallo, viron que a neve fora pisada. As pesadas botas dos carrexadores da mesa destruíran o tesouro.
Os anciáns de Jelm agarraron as súas brancas barbas e admitiron que cometeran un erro. Quizais, razoaron, outros catro homes debían levar aos catro homes que levaron a mesa na que estaba Gimpel, o mozo dos recados?
Tras longas deliberacións os anciáns decidiron que, se durante a próxima Janucá, chegaba a caer outro tesouro do ceo, iso era exactamente o que deberían de facer.
Aínda que os aldeáns ficaron sen tesouro, estaban cheos de esperanzas para o ano seguinte e eloxiaron aos anciáns, con quen sabían que se podía contar para atopar unha solución, por moi difícil que fose o problema.


No hay comentarios: