"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







jueves, 3 de marzo de 2011

San Francisco 1906...

Seica é unha das películas máis antigas que existen (sobreviviu ao terremoto de San Francisco de 1906). Trátase de escenas filmadas desde un tranvía en Market Street, en San Francisco, California, catro días antes do grande terremoto que acabou coa maior parte da cidade e os seus habitantes. É sorprendente a cantidade de automóbiles que xa existían daquela, cantas imprudencias se cometían ante as barbas dos policías (probabelmente, nin sequera había código de circulación...). O tráfico era caótico entre peóns, bicicletas, carretas, automóbiles, tranvías, autobuses, etc. Observade que os tranvías que cruzan a rúa xa posuían tracción eléctrica (anteriormente eran de tracción animal...). Ao final da rúa, vese un edificio que aínda hoxe segue alí, pois tratase da famosa terminal de pasaxeiros da Bahía de San Francisco. O filme foi realizado o 14 de abril de 1906, e o mesmo día enviouse a Nova York para ser revelado. Por iso sobreviviu a aquela traxedia...

No hay comentarios: