"Cando vin o discurso o martes pasado no que Gadafi ameazaba con perseguir ao rebeldes 'palmo por palmo, edificio por edificio, casa por casa, rúa por rúa', inmediatamente identifiqueino como un clásico", conta o xornalista e músico israelí Noy Alooshe (31 anos) ao xornal The New York Times. O mozo refírese ás ameazas que o ditador libio dirixiu ao seu propio pobo para frear as revoltas que aínda sacoden o país. E nun episodio tan terrorífico, el soubo atopar o humor: "Vino con esa roupa e eses movementos de brazos, parecía que estaba nunha festa de electrónica". Así, púxose ao choio. Alooshe colleu como base a canción de hip-hop "Hey baby", dos rapeiros americanos Pitbull e T-Pain, e adaptouna ao discurso orixinal de Gafadi, sobre o que aplicou un corrector de ton. O resultado titúlase Zenga-zenga ("Cale-rúa", polo de "rúa por rúa", en árabe). Xa é un fenónemo en YouTube. Podes velo abaixo.
.
O seu autor recoñece que algúns dos eloxios do mundo árabe que en principio lle chegaron, convertéronse en críticas tras descubrirse a súa nacionalidade israelí. "Pero a maioría dos correos que recibo son felicitacións", engade. "Incluso un membro da oposición de Libia escribiume para contarme que cando Gadafi caia, bailarán o Zenga-zenga por toda a cidade".

No hay comentarios:
Publicar un comentario