As recentes medidas tomadas polo Concello de Xerusalen tendentes a facilitar o culto xudeu nun anaco case ignorado da parede que rodeaba ao antigo Templo de Xerusalén, coñecida como "Kotel Hakatán" ou "Pequeno Muro dos Queixumes", espertan a susceptibilidade entre a poboación árabe que pretende agochar todo o que conecte ao Pobo Xudeu con Xerusalén. Trátase dun muro de irregulares bloques de pedra, descoñecido para o gran público, inclusive para boa parte dos seus moradores. Coñecido en hebreo como "Kotel Hakatán", a parede é a irmá pequena do "Kotel Hamaraví" ou Muro Occidental (coñecido popularmente no mundo non xudeu como Muro dos Lamentos), o lugar máis sacro para o xudaísmo e impoñente vestixio da fortificación que circundaba o templo levantado polo Rei Herodes hai máis de dous milenios. Situado a uns 200 metros ao norte do epicentro dese símbolo para o pobo xudeu, o "Pequeno Muro" é de aparencia menos maxestuosa e só as enormes seccións de pedra das fileiras inferiores datan de tempos do Segundo Templo de Xerusalén (516 a.C-70 d.C).
.
A muralla é a continuación do coñecido muro, pero para os crentes mesmo é máis venerado que aquel, pois se atopa máis perto da posíbel localización do Sancta Sanctorum, o lugar máis sacro do bíblico santuario. A sección apenas alcanza o dez metros de altura, pero as pedras non foron tocadas por millóns de fieis e moitos din que o seu estado se asemella ao do propio Muro das Lamentacións antes de que Israel reunificase Xerusalén, incluída a cidade vella, durante a Guerra do Seis Días (1967). "Ese lugar é igual de importante que o Muro das Lamentacións para o xudaísmo xa que forma parte da parede que rodeaba o Templo", explicou o rabino do Kotel, Shamuel Rabinovich. Precisou que o sitio estivo sempre aberto ao culto, mesmo antes de 1948, ano da independencia do Estado de Israel. Unha das peculiaridades do Muro Pequeno é que, a diferenza do popularmente coñecido, neste homes e mulleres rezan xuntos, e ao estar rodeado por un patio veciñal o ambiente é moito máis íntimo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario