O 2011 trae tres novidades das que farán máis doce o meu camiñar polo ano novo que como sempre rematará vello...
Foo Figthers. Sen dúbida este será un dos máis esperados do ano. Despois de 3 anos en silencio, teñen seica 15 cancións novas para o seu novo traballo. Con Dave Grohl, que estivo involucrado no proxecto de Them Crooked Vultures, e a batería Taylor Hawkins tocando coa súa banda parelela, a gravación do seu sétimo disco adiouse constantemente ao longo do ano que xa morre. Contan que será un disco cun son moito máis potente que os anteriores. De feito, contan co produtor Butch Vig, presente no "Nevermind" de Nirvana. E, aínda por riba, Krist Novoselic, baixista con Kurt Cobain, colabará nalgúns temas. Será como unha volta ás raíces do grunge, a fai vinte anos...
.
The Strokes. Nos tempos que corren, cinco anos sen disco é moito/demasiado tempo. Cambian os estilos, hai novas fusións e xorden novos grupos. Os neoiorquinos, unha das referencias da década post 11 de Setembro, puxéronse o traxe de obreiros tras o verán e comezaron a gravar. Aínda non hai data definitiva para o lanzamento do traballo, do que sabemos que conterá 10 temas, pero nalgúns lugares fálase do mes de marzo. O cantante Julian Casasblancas adianta que os temas van sorprender. Estiveron gravando en Nova York baixo a producción de Joe Chicarelli, quen traballou para Counting Crows.
.
The Jayhawks. En plena explosión do grunge, eles preferiron camiñar nas raíces da música americana. Son os meus benqueridos Jayhawks, reunidos de novo hai cousa de ano e medio para facer unha xira, e agora felizmente de volta no estudio, por primeira vez desde o lonxano 1995. E coa formación ao completo: Gary Louris, Mark Olson, Marc Perlman, Tim O'Reagan e Karen Grotberg. Conta Gary Louris en Rollong Stone que queren facer o mellor disco da historia de Jayhawks. A pesar do prestixio recoñecido, as súas vendas nunca foron gran cousa. A mellor banda descoñecida do mundo. A finais da primavera ou principios de verán de 2011, o álbum estará nas tendas e nós de parabén.
.
The Strokes - Last Night
Cargado por danerto. -
No hay comentarios:
Publicar un comentario