
O mestre do violín klezmer Steven Greenman abre as "master class" de música tradicional da Agadic na illa de San Simón
O violinista e compositor estadounidense Steven Greenman, recoñecido internacionalmente como un dos mellores intérpretes do violín klezmer, inaugura mañá o novo ciclo de master class de música tradicional que a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) organiza na sede da Fundación Illa de San Simón, na ría de Vigo. Os participantes neste primeiro curso, que se estenderá ate o sábado día 20, terán a oportunidade de achegarse á milenaria tradición da música klezmer no leste de Europa, afondando no repertorio do folk xudeu para instrumentos de corda.
  O  mestre Greenman porá especial énfase en que os alumnos interioricen  este  tipo de música cantando as melodías, tocando "de oído" e  familiarizándose co  fraseo melódico e o acompañamento no folk xudeu, ao  tempo que se abordará o  repertorio klezmer non só a partir da música,  senón tamén da tradición oral e a  danza. Ademais, unha das tres sesións  estará especialmente á ornamentación  específica para violinistas e  violistas no marco desta tradición musical. As  clases culminarán nun  concerto dos participantes co material  aprendido.
Recoñecido  polo seu virtuosismo e a súa precisión técnica como  solista, Steven  Greenman é tamén un afamado profesor de violín tradicional  klezmer.  Compaxina esta faceta pedagóxica cos concertos que ofrece como parte de   diferentes formacións tradicionais e do seu Steven Greenman Klezmer  Ensemble.  Ten autoproducido, así memso, dúas gravacións de referencia  que documentan as  súas composicións: Stempenyu’s Dream (2004) e Stempenyu’s  Neshome (2010), esta última coas súas melodías espirituais xudeas de  autoría orixinal.
O  encontro ofrece un total de 12 horas  lectivas para un máximo de 15  alumnos. EsteS será Nseleccionados directamente  polo mestre en función  dos seus méritos e deberán achegar os seus propios  instrumentos como  requisito de participación. O prezo da matrícula é de só 50  euros. Os  interesados, que poden ser músicos xa profesionais ou estudantes de   escolas de música e conservatorios, teñen a posibilidade de realizar a   inscrición en liña a través da páxina web
www.masterclassdemusicatradicional.info.
No hay comentarios:
Publicar un comentario