"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 30 de octubre de 2009

O defunto...


Isto é un documento antropolóxico de primeira fila, así de claro e sen retranca de ningún tipo. Trátase dunha entrevista nos Bos días da TVG á filla do señor que morreu dentro da igrexa de San Andrés de Teixido e celebraron despois unha misa co corpo tirado dentro (ver noticia). Confeso que cando vin o vídeo ao principio pensei que era algunha sorte de brincadeira da TV e a señora unha actriz do Luar, ou algo así. Non podía ser posible. Pero si.
O que se ve no vídeo é fascinante desde un punto antropolóxico. Como a moza/señora (non sabería determinar a súa idade) filla do defunto explica con toda naturalidade o que aconteceu na igrexa de Teixido, e como os presentadores, partes dun escenario futurista, abráianse con toda a circunstancia da morte do señor. Ela, a familiar directa, imperturbable, vive nunha lóxica de relación co difunto tremendamente respectuosa, pero tamén práctica, na que todo sucede de xeito natural e para a que é obvio que se debía celebrar a misa mesmo despois do que o seu pai morrera: para as novas xeracións, os presentadores, o que alí aconteceu é anómalo, estraño e mesmo perturbador (dar unha misa co morto no medio?), se cadra unha falta de respecto a ese mesmo defunto. Poucas veces se evidencia tanto unha ruptura da lóxica cultural.
Para arquivar. Tirado do blog de Manuel Gago

1 comentario:

Akiva dijo...

Imarcesível documento. Não via nada semelhante desde as arrepiantes testemunhas de José Tojeiro em "Droja en el colacao".

http://www.youtube.com/watch?v=xoa4m5KwobU&feature=player_embedded

Este país não tem remédio.