"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







martes, 7 de julio de 2009

Dame por favor 3:07 minutos...

Agora que a morte de Michael Jackson fai florecer titulares grandiosos e grandilocuentes sobre quen é ou quen foi o máis grande rei do música pop. Veume á cabeza -máis unha vez...- os enormes The Jayhawks. Sen desmerecer en absoluto o inmenmso talento de Jacko non estaría de máis uns minutos de recoñecemto (3:07 exactamente) para un tema -un temazo- que provocou a morte artística e disolución desta gran banda. Dicia Mark Olson, xunto con Gary Louris líderes de The Jayhawks, que se despois de compoñer un tema como "Blue" non conseguiran a fama... non se consideraban quen de escribir nada mellor. "Blue". Que teñades un blue día...

2 comentarios:

Sr. J dijo...

Um temazo, si senhor... como tantos outros dos Jayhawks, ainda que não é o meu favorito.
Mal andácio o de procurar a fama; pode estragar moitos grupos... lembro-me agora do que lhes passou a outros dos grandes, os Pogues: obsessionados com triunfar nos USA, embarcaram-se em giras intermináveis que esgotárom a Shane MacGowan e provocárom a sua saída.
Por certo, o do "inmenso talento" do carapálida... será um pouco exageração, ou? Bailava bem e foi moi influinte, si, mas... só sacou 4 bós discos em 30 anos de carreira! E a ver que seria del sem Quincy Jones...

Mr Tichborne dijo...

"Blue" non tivo éxito nin os Jayhawks racharon porque o negocio da música está podre, eles non tiveron paciencia e os consumidores somos uns papóns. Pedazo de banda...
Bonito blog, por certo.