"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 18 de mayo de 2009

Unha muller protesta...


Non sabemos o nome desta muller afgana, exilada en Londres, e que deste xeito pretende denunciar a continua violación dos dereitos humanos no seu país e no mundo islámico. Esta valente -e ousada- muller, chegou ate a Embaixada afgana en Londres ataviada co burka imposto polo réxime talibán, e que obrigaba a toda muller a cubrirse de pes a cabeza. A súa orixinal protesta pretende denunciar a nova lei, non moi diferente das que estaban vixentes durante a era talibán, que entre outras cousas, permite a violación dentro do matrimonio e prohibe a saida a rúa da muller sen o permiso do seu amo e señor.








1 comentario:

Anónimo dijo...

Non hai fallo, home, que xa mañán saca o Bloque un comunicado de condena, El País lle adica a súa portada, e Izquierda Unida organiza unha manifa enfronte da embaixada de Afganistán en Madrid.