Unha delicia. O trio Habanot Nechama que, traducido ao galego, seria algo así como "As Rapazas Consolación" (soa mellor en hebreo). Trio formado a mediados de 2004, o grupo estourou hai dous anos e saiu da escea folk undergound do seu Tel Aviv natal para o grande público. Mesturando inglés e hebreo nas súas cancións, as rapazas son hoxe moi populares en Israel e tidas como unha das mellores revelacións do país nos últimos anos. O dito, unha delicia...
1 comentario:
Mola, si senhor...
Publicar un comentario