"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







sábado, 16 de agosto de 2008

A sabedoría de Homer...

A sabedoría de Homer
Unha escolma dalgunhas das frases máis memorables de Homer Simpson:
- Eu non podo vivir esta vida de merda que levas ti. Quéroo todo: as terroríficas partes baixas, as cimas mareantes, as partes cremosas do medio....
- Brindo polo alcol: que é a causa e a solución dos problemas da vida.
- Tentar algo é o primeiro paso cara ao fracaso.
- Normalmente non rezo, pero se estás aí, por favor sálvame, Superman.
- A Billy Corgan, de The Smashing Pumpkins: Sabes, Os meus fillos pensan que és fantástico. E grazas á túa música depresiva deixaron de soñar cun futuro que non podo darlles.
- Cando aprenderei? As respostas da vida non están no fondo dunha botella. Están no televisor!?
- Só porque non me importe non significa que non o entenda.
- Se costa traballo facelo, é que non merece a pena?
- Quero dicirche as tres frases que che acompañarán na vida. Un, cúbreme; dous, xefe, que gran idea; tres, así estaba cando cheguei.
- Fillo, unha muller é coma unha cervexa. Cheiran ben, ven ben, e matarías á túa nai por unha! E non podes ter só unha. Quererás beber a outra muller.

No hay comentarios: