"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







sábado, 30 de junio de 2007

Tarántula


Tarántula, a única novela escrita por Bob Dylan (1966) ten por fin nova edición e tradución en español. (Editorial Global Rhythm). Para este menda un libro de cabeceira, das pocas cousas (físicas) que de Ibiza me quedan no caixón dos anos usados. Tedes máis arriba a capa orixinal da súa única edición ate agora, do ano 1976 e da mítica editorial "hippie" ou contracultural que tamén se dicía, STAR. Eis unha pequena mostra do libro:
Paraíso, carretera resbaladiza y María brevemente Regordeta mamá de Afrodita, me inclino ante ti, y con loca eternidad sexual en mi sombra vegetal, yo, secándome las manos en el cuello del caballo. El caballo eructa y tú del hermano mayor de Indiana, el que te azota con su cinturón, y tú que no buscas una razón a tu tortura, y yo quiero tu lengua horizontal, dentro del Reflejo, el perfecto juicio final y estas crueles pesadillas en las que los albañiles me presentan horrorosos contactos y los Hermanos Marx gruñen NO QUIERO TU SABIDURÍA y tus muslos están medio despiertos y yo tan Harto tan Harto de estos amantes en papeles Bíblicos. “¿Así que tú estás aquí para salvar el mundo? ¡Impostor, freak, eres una contradicción! ¡Tienes miedo de admitir que eres una contradicción! ¡Conduces a la gente por el camino equivocado! Tienes los pies grandes y acabarás tropezando contigo y toda la gente a la que has engañado te recogerá! ¡No tienes respuestas! ¡Sólo has encontrado una manera de pasar el tiempo! Sin eso, estarías marchitándote y no serías nada. Tienes miedo de no ser nada. Estás bien cogido. ¡Te tiene bien cogido!” Estoy tan Harto de la gente Bíblica. Son como aceite de ricino, como rabinos, y ahora deseo Tus ojos. Tú que no quieres hablar de ningún asunto y suministras negrura a mi mente QUIERO TUS OJOS y tu risa y tu esclavitud… No hay riesgo de borrachera; soy un egipcio de confianza. Di adiós al marine.


Hola. Acabo de llegar. Un viaje terrible. Había un hombrecillo con un ratón blanco que no me ha quitado los ojos de encima en todo el viaje. Jesús era guapo. ¿Hay algún buen abogado por aquí? Iré a verte pronto. Primerotengo que comer.
Sinceramente tuyo,

Gabacho

S.O.S.



S.O.S. do Caurel.

lunes, 25 de junio de 2007

Soñan os androides con ovellas eléctricas?



A piques de expirar a mans de Deckard, o replicante Roy Batty confesa: «Vin cousas que vós non creriades. Atacar naves en chamas máis aló de Orión. Vin Raios-C brillar na escuridade preto da Porta de Tannhäuser. Todos eses momentos perderanse no tempo como bágoas na choiva. é hora de morrer...». Bastaría para facer memorable a Blade Runner. E por máis. Sen ela, o cine actual sería outro.



25 anos da súa estrea. Cantas copias beberon da maxistral atmósfera de Blade Runner.

domingo, 24 de junio de 2007

Bailar o sol...



Non é Paxón. Non. Pero Nati e Sabela querian ver bailar o sol e o sol ficou cuberto por un doce pano de nubes. Non é Panxón. Non. Nin sequera Nigrán. Mais aquí vos deixo, Nati e Sabela un/outro sol. Triste pensamento... Todos temos o mesmo sol... quen o diría!!

Ollos



Coñecín por esta farmosísima canción "Eyes" a Rogue Wave. Sonido americana que lembra, lembra aos meus añorados Jaywawks. Recomento tamén a serie na que aparece o tema, HEROES que emite a TVG os xoves ás 20:00 horas.

viernes, 22 de junio de 2007

Orgasmo. Que orgasmo?

Un video que paga a pena lembrar. No famoso programa de Howard Stern onde acudían actrices porno a probar diabólicas máquinas sexuais, unha delas, Dana DeArmond, comezou a emitir unha serie de extraños cantos. Eran coma unha mestura entre o canto dunha cacatúa e o reclamo sexual de un golfiño en celo. O tremor de pernas final indica que a taladradora fálica cumpriu o seu cometido... Remember ORGASMO

jueves, 21 de junio de 2007

E que dirá a Igrexa Católica?


É só un xogete sexual? Un só un método anticonceptivo?
Porque un condón vibrador desatou un feroz debate na India sobre se é un xoguete sexual ou é un medio de control natal. Os xoguetes sexuais están prohibidos neste país, así que o polémico preservativo causou indignación no estado de Madhya Pradesh, cando se descubriu que unha empresa estatal estaba involucrada na súa promoción publicitaria. O paquete de tres condóns, marca Crezendo, contén un dispositivo en forma de anel que funciona con baterías e seica non reviste perigo nin para o membro viril nin para o buraco que cada quen empregue. Os críticos din que de feito se trata dun vibrador, e xa que logo, debería de ser prohibido. Os aparellos eróticos e a pornografía son ilegais na India. "Máximo pracer" Hai tres meses, o condón tivo un lanzamento sen moita fanfarria en todo o país. Nese momento, os seus detractores non se decataron de que tiña respaldo gobernamental. Unha mensaxe promocional da empresa, Hindustan Latex Limited, describe Crezendo coma un produto que "ofrece o máximo pracer ao producir fortes (!!) vibracións". Iso provocou a protesta entre os sectores conservadores da India, entre eles, o propio Ministro de Madhya Pradesh encargado de Industria, un tal Kailash Vijayvargiya, quen sostén que só se trata dun xoguete sexual e nada máis. "Os xoguetes sexuais están prohibidos na India e o aparello vibrador non é outra cousa máis que un xoguete sexual que se está vendendo coma condón. "O traballo do goberno é promover a planificación familiar e medidas de control demográfico, máis que publicitar produtos para o pracer sexual", dixo o preocupado Ministro. A empresa Hindustan Latex afirma que o novo condón foi lanzado para promover o uso de condóns co obxectivo de previr a expansión da Sida. "O produto foi lanzado co obxectivo primordial de enfrontar a caída no uso do condón... Unha razón de peso citada polos usuarios era a falta de pracer cando usaban condóns. "Así que engadimos o anel vibrador como potenciador do pracer. O anel axuda a manter o condón en posición ademais de producir un efecto vibrador", dixo un voceiro da empresa. Se decidimos que é un xoguete, ben podería ser a solución ao veto da igrexa católica ao uso de métodos anticonceptivos.

jueves, 14 de junio de 2007

A pel de galiña



Envíame o Bluesman desde Dublín este video. E faino cunha advertencia previa: "vaiseche por pel de galiña". Certo. É o Partido de Rugby entre Eire e Inglaterra do pasado "6 Nacions". É a primeira vez que un equipo Britanico pisaba Croke Park, escenario dunha masacre por parte do exercito inglés en 1922. Moitos agardaban incidentes ou que o Himno Inglés fora asubiado. Non foi tal, respecto total, e logo o himno irlandés, a "Cancion do Soldado", himno da Republica e logo o impresionante "Ireland's call" (a chamada de Irlanda) feito para animar ao equipo de Rugby, na que hai xogadores de toda a illa incluído o Ulster, e que está comenzando a ser tomado coma o verdadiro himno por todos os irlandeses. Impresiona de verdade Xose, bebe unha pinta de Guines á miña saúde.

Os tempos son mudados?



Bob Dylan en The Times they are A-changin' do ano 1965. E hoxe premio Príncipe de Asturias. Desde logo hai que recoñecer ao padroado que outorga os premios, bo ollo para... a publicidade. Sexa como sexa. Dylan sempre será unha das miñas bandeiras. Un saúdo Bob.

sábado, 2 de junio de 2007

viernes, 1 de junio de 2007

Hai xa dez anos



Hai 10 anos que morría afogado no Misisipi, Jeff Buckley. Aquí temos "Grace". O seu primeiro e derradeiro traballo.

Dez anos sen Jeff Buckley


Pasou case desapercibido o cabodano da súa morte. Mais non para Diego Manrique, sen dúbida un dos mellores críticos musicais en activo.

Merece lembrarse xa que foi unha morte absurda, estrañamente simbólica. O 29 de maio de 1997, Jeff Buckley atopábase en Memphis, disposto a gravar. Non coñecía a cidade e perdeuse camiño do estudo. El e un amigo terminaron á beira do Missisipi. Levaban unha guitarra, un radiocasete, unha botella de viño. Jeff non bebera demasiado pero tivo un característico arrouto de exuberancia: ocorreuselle lanzarse vestido ao inmenso río que nutre as grandes músicas estadounidenses. Contou o seu colega que cantaba mentres se internaba na corrente.

De súpeto, desapareceu. Arrastroulle un remuíño traizoeiro ou a turbulencia creada polos herdeiros do Proud Mary, eses barcos de rodas que agora só levan turistas. Tardaron días en recuperar o seu corpo. Aos 30 anos apagábase un dos cantantes máis ambiciosos da súa xeración. Jeff non podía conformarse con ser un cantautor calquera: puxérase as botas do seu pai, Tim Buckley, un explorador musical que tamén morreu prematuramente, un xigante fráxil ao que non chegou a coñecer pero que deixou unha obra considerábel.

Jeff preferiu andar con pés de chumbo: evitou o repertorio paterno, pasou tempadas experimentando por garitos de Los ángeles e Novo York, probando formatos instrumentais para arroupar a súa voz maxestuosa, interpretando temas clásicos de Edith Piaf e Nina Simone, creando un delicado repertorio propio, caendo as veces en excesos de truculencia e efectismo. Só "Grace" da man do guitarrista Gary Lucas, puido batirse nos escenarios da vangarda de Manhattan e, criatura do seu tempo, tampouco foi alleo ás furias do grunge pero miraba máis lonxe: desexaba a monumentalidade de Led Zeppelin, os arrebatos de Van Morrison, o misticismo de Nusrat Fateh Ali Khan.

Co seu apelido e a súa presenza escénica, non tivo problemas para conseguir un contrato de gravación, aínda que resistiu a tentación de estrearse prematuramente. Hoxe se poden topar moitos discos co seu nome: a súa nai, tristeiro testamenteiro de dúas desgrazas, supervisou o lanzamento de directos, maquetas, documentais. Todos son valiosos pero, en realidade, Jeff Buckley fixo só un disco, Grace (1995). Unha obra épica, que colocouno coma un artista apolíneo, que combinaba carnalidade e espiritualidade. Se iso soa improbábel, escoitade o seu Hallelujah: o salmo de Leonard Cohen faise explosión orgásmica.