Editada unha recompilación das frases máis enxeñosas de Woody Allen. O xornalista Víctor Fernández recompilou no libro "Desmuntant Woody Allen" (Columna) as frases que aparecen nas súas películas, libros de contos, discursos e entrevistas nos medios de comunicación. O libro fica dividido en cinco partes para as perto de 400 frases do director de Annie Hall que teñen que ver con obsesións tipicamente woodystas como son o cinema, o sexo e o amor, os xudeus e a relixión, o psicoanálise e unha miscelánea sob o título de "A vida e outras historias"'. Víctor Fernández, durante a presentación do libro en Barcelona, confesou que a redacción do libro, serviulle para reconciliarse co director e situalo como un humorista contemporáneo á altura de Bob Hope. A editorial Columna, que é quen publicou en catalán os libros de contos de Allen, decidiu hai uns meses elaborar un volume que recompilase as mellores frases do director, proxecto que recaeu en mans de Fernández, quen pasou un período con sobredose de películas, contos e entrevistas ao director. O autor mostrou a súa sorpresa diante do feito de que este libro sexa a primeira compilación de frases do cineasta --"busquei en Amazon.com para traducilas do inglés", bromeou-- e remarcou do director a súa capacidade para rírse de todo e de tratar temas universais cos que un se pode identificar. Víctor Fernández dixo que a película máis citada no libro é a recente 'Todo o demais", porque as frases que contén ian na liña cómica do libro, cousa que lle fixo desbotar o visionado doutras máis dramáticas como "Interiores". O autor do libro explicou que a través das frases se pode ver unha primeira etapa na que Allen, saído dos clubs de Nova York, vai máis que pasado de rosca, e que nas últimas fai un reconto da súa vida. A cita que máis gustou a Víctor Fernández foi unha da película "Recordos" na que aseguraba que "Per a ti sóc un ateu, però per a Déu sóc un membre de l'oposició" (Para tí son ateo, pero para Deus son un membro da oposición). Entre as súas películas preferidas elixiu "Match Point" ou "Zelig". Nun momento no que o cineasta está rodando a súa nova película en Barcelona, Víctor Fernández considerou que Allen será dabondo intelixente para illarse da presión e cualificou de "paleta" a situación creada ao seu redor polos políticos. "O día que veña a rodar Scorsese trócanlle o nome á Diagonal". Víctor Fernández (Barcelona, 1975) é redactor da sección de Cultura de "La Razón" e colaborou en diversas publicacións. É autor de "Joan Abelló. De pinceis e moais" e "Marilyn íntima", así como editor da novela de Salvador Dalí "Tardes d'estiu"'. O libro sae agora en catalán cunha tiraxe de 5.000 exemplares. Columna publicará en catalán en setembro o novo volume de contos do director, "Pura anarquía", e reeditará os anteriores libros de contos. En definitiva unha antoloxia do mellor que deu a cultura nos últimos séculos: Mozart, Mann, Bergman, Freud, Van Gogh, Buñuel... e Woody Allen. Cando en Woody Alen galego? Editorial Columna
No hay comentarios:
Publicar un comentario