"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 17 de marzo de 2019

Natella Boltyanskaya / Нателла Болтянская / Бабий Яр (Babi Yar) / Soviet...

Natella Savelievna Boltyanskaya (Нате́лла Саве́льевна Болтя́нская) é unha popular cantautora soviética/rusa de orixe xudía nada o 20 de maio de 1965 en Moscova. Xornalista de formación académica exerce de cantautora e presentadora de radio. Poeta con varios libros editados, as letras das súas cancións están baseadas nos seus propios poemas. Ten publicados catro álbumes. Moitas das súas cancións gozan de grande popularidade como as dedicadas a Nikita Khrushchev, Solomon Mikhoels, Anna Politkovskaya, a Babi Yar e a canción Gaechka ("Nut"), unha áceda crítica contra Vladimir Putin. Esta que aquí tedes está dedicada á masacre de Babi Yar, un barranco nas aforas de Kiev onde ducias de milleiros de xudeus foron asasinados nunha soa xornada durante o Holocausto.

No hay comentarios: