Procuro evitar, fuxo da fácil demagoxia, do partidismo tan ao uso e do sensacionalismo cando opino, xulgo ou valoro servizos públicos. Pero hai ocasións amigos nas que a quen tócalle gobernar semella parecer buscar a mantenta as nosas críticas. Vai isto a conta do vigués Hospital do Meixoeiro.
Desde hai tempo lemos novas nas que os propios profesionais do centro denuncian o seu progresivo desmantelamento. Eu non me atrevo a dicir tanto, non teño datos dabondo como para afirmar que sexa certo ou non, pero hai cousas que desde logo claman ao ceo.
Leva o Hospital do Meixoeiro meses sen reparar as escaleiras mecánicas. Cando preguntas a resposta é que está “pendente de mantemento”. Meses sen reparar unha simple escaleira mecánica, algo que salta á vista de todos os pacientes usuarios (moi pacientes recomendo) que debemos acudir a este centro médico vigués.
Como é posible que se o home chegou hai décadas a Lúa, non poidamor ter operativa unha escaleira avariada durante meses?
O tema pode parecer menor pero coido que non o é así, porque se algo tan visible como unhas escaleiras, non son reparadas, non quero imaxinar como estará o que non vemos das instalacións. Desde logo por exemplo a hixiene dos servizos é parella a escaleira perdida. Non funciona.
Todo isto sen contar que o motivo que me levou ao Meixoeiro foi unha urxencia oftalmolóxica. E algo que o que foi vendido nos medios como unha grande mellora na atención de ollos en Vigo, coa concentracións dos servizos existentes no propio hospital e no Xeral-Cies, resulta que non ten urxencias oftalmolóxicas, reenviándome a outra punta de Vigo, ao Álvaro Cunqueiro, que non ten nas súas consultas externas ollos pero si ten un oculista de urxencias.
En fin, feliz e saudable luns teñamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario