"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 23 de diciembre de 2013

Dona Francisca nunca estivera aquí



Dona Francisca nunca estivo aquí. Esta é a primeira fotografía súa que aparece no lugar de lugares. Penseino ao reler a famosa frase de Andy Warhol na que afirmaba aquilo de que todos temos dereito aos nosos 15 minutos de fama na vida.
Pois ben, non serán só 15 minutos Francisca, esta foto estará aquí mentres o mundo teña luz eléctrica. E estou seguro de que a pesar do puñeteiro e cabrón mal que borra o nome, Maribel saberá contarte que tes unha foto túa - e moi guapa - tirada baixo o Sol morno de outono en internet.
Un bico na punta da orella.

No hay comentarios: